O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior a:
A cifra de gastos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
A cifra resultante de multiplicar por 0,37 euros o número de habitantes correspondente á poboación de dereito das circunscricións onde presente as súas candidaturas cada partido, federación, coalición ou agrupación de electores.
Por envíos electorais.
O Estado, en ningún caso, aboará unha cantidade superior:
Á cifra de gastos por envíos electorais declarados xustificados polo Tribunal de Contas.
0,26 euros por número de electores aos que se efectuou o envío de propaganda.
Débese xustificar a realización efectiva da actividade, é dicir, da remisión dos envíos.