Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Os electores e electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexen votar, deberán solicitalo previamente.

O impreso de solicitude poderá encontralo nos Consulados e Embaixadas, e descargalo aquí.

A solicitude cuberta deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.

Para poder formular a solicitude, o elector ou electora deberá estar inscrito no Rexistro de Matrícula Consular como non residente. Ambos os trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.

O prazo para presentar a solicitude remata o día 31 de outubro.

A Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.

Sexa como for, os envíos deberán estar efectuados antes do 17 de novembro. A este prazo terá que sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.

  • Unha folla informativa.
  • O certificado de inscrición no censo.
  • Papeletas e sobres de votación
  • Un sobre no que debe figurar o enderezo da Mesa electoral que lle corresponda.
  • Un impreso oficial destinado a posibilitar o reintegro dos gastos de franqueo, se for o caso.

O elector ou electora deberá seleccionar a súa opción de voto:

  • Para a elección de Deputados e Deputadas, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
  • Para a elección de Senadores e Senadoras, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.

A continuación, introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o seguinte:

  • Sobres de votación coas papeletas.
  • O certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.

Ten ata o día 25 de novembro, para remitir este sobre por correo certificado.

Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.

O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es(Abrirase unha nova xanela); www.ine.es(Abrirase unha nova xanela).

Vídeo explicativo voto ERTA