As Cortes Xerais

O domingo 29 de novembro celébranse en España eleccións a Cortes Xerais, isto é, ao Congreso dos Deputados e ao Senado.

A Constitución de 1978 establece que a soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado (Lexislativo, Executivo e Xudicial).

As Cortes Xerais (Congreso e Senado) ostentan o poder lexislativo, o Goberno representa o poder executivo e os Xuíces e Xuízas o poder xudicial.

Corresponde ás Cortes Xerais aprobar os orzamentos, controlar a acción do Goberno e as demais competencias que lles atribúe a Constitución.

Dende a aprobación da Constitución, celebráronse quince eleccións Xerais: en 1979, 1982, 1986, 1989, 1993, 1996, 2000, 2004, 2008, 2011, 2015, 2016, 28 abril e 10 novembro de 2019 e 2023.

Se desexa coñecer o resultado destas eleccións, pode consultar a base de datos do Ministerio do Interior(Abrirase unha nova xanela)

As eleccións a Cortes Xerais convócanse por Real Decreto, a proposta do Presidente do Goberno e previa deliberación do Consello de Ministros.

No Real Decreto de convocatoria(Abrirase unha nova xanela) fíxase a data de celebración das eleccións, o número de Deputados e Deputadas que corresponde a cada provincia, a duración da campaña electoral, a data na que se constituirán as Cámaras elixidas e a normativa aplicable ao proceso electoral.

Ámbalas Cámaras reuniranse en sesión constitutiva o día 23 de decembro de 2026.

Data límite da convocatoria do Congreso electo (ata 25 días seguintes á celebración eleccións)